As traballadoras das fábricas de conservas

Docu-acción

As traballadoras das fábricas de conservas

Vilaxoán (Arousa), 21 de febreiro de 2009
Carme Nogueira, Anxela Caramés e Uqui Permui

A primeira docu-acción do Contenedor estivo enmarcada dentro do proxecto Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos, unhas xornadas celebradas na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán en setembro do 2009. O 29 de febreiro de 2009 situámos o contenedor fóra dunha antiga conservera en Vilaxoán (Arousa), que pechara durante os conflitos laborais dos 80. Contamos coa participación de catro das protagonistas das loitas obreiras desa década, nas que estiveron involucradas as traballadoras da industria do sector da conserva do Salnés; falamos con Loli Álvarez, Carmen Ferro e Mar Suárez, traballadoras e sindicalistas, e tamén coa avogada laboralista Mari Luz García Vigo. Durante a conversa, foron incorporándose persoas que pasaban por alí, primeiro se quedaban a escoitar e logo animábanse a participar.

A conversación serviu para recuperar e restaurar o material videográfico -unha deteriorada fita VHS- sobre o peche da fábrica conservera "Odosa"; a historia dunha folga convocada por un centenar de mulleres que se pecharon durante o mes de agosto de 1989 para impedir o despedimento indiscriminado de todo o equipo.

 

docu-accion-vilaxoan

O contenedor desenvalouse dentro dunha antiga conserveira, pechada durante os conflitos laborais dos 80.

 

 docu-accion-vilaxoan  

docu-accion-vilaxoan

docu-accion-vilaxoan-pizarra

Nesta primeira docu-acción contamos coa participación de catro das protagonistas das loitas obreiras, nas que estiveron involucradas as traballadoras da industria do sector da conserva no Salnés. 

 

 

MATERIAL RECOLLIDO NA DOCU-ACCIÓN

 

FOTOGRAFÍAS DO PECHE DE ODOSA

A mulleres coas que falamos en Vilaxoán facilitáronnos numerosas fotografías das diferentes concentracións e manifestacións que convocaron, tanto na Illa de Arousa, como en Santiago de Compostela e Vigo, así como imaxes do peche na fábrica "Odosa", incluindo a folga de fame de catro traballadoras. Na fotogalería pódese ver unha selección destas fotografías.

 

VÍDEO DO PECHE DE ODOSA

Entre a documentación que se gardaba do arquivo da OTTS (Organización de Traballadoras e Traballadores do Salnés) apareceu unha cinta de VHS, cunha grabación feita polas propias traballadoras mentras durou o peche de ODOSA en 1989. Tratábase dun relato contado polas propias mulleres, no lugar do peche sobre o que estaba sucedendo. A cinta estaba moi estropeada, pero puidemos recuperar gran parte dela e dixitalizar o material.

 

 

VISIONADO DO VÍDEO. Illa de Arousa

O 31 de agosto de 2009, xusto vinte anos despois do peche realizado polas traballadoras, e no mesmo lugar, convertido agora no salón de actos do Concello da Illa de arousa, realizamos un pase do documental invitando a todas as protagonistas do encerro. Convocadas de boca en boca, o día do pase encheuse o salón de actos, á saída entregamos 100 copias do DVD recuperado.

Este material foi cedido pola OTTS e producíronse as copias gracias a aportación da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e a Concellería de Igualdade do Concello da Coruña.

 

pase do video de odosa

A CONSERVA, UNHA VISIÓN PERSOAL, UN RECORDO

Por Loli

 

"Encomecei a traballar no ano 1979, era unha nena de dezaseis anos a segunda de catro irmás, filla de mariñeiro. Na miña casa non tiñamos leiras, polo tanto co salario do meu pai mercabas todo. Non lembro a fame, pero pasei fame de moitas cousas."

Dobre páxina en pdf da Revista Dorna

 

CONTRA VENTO E MAREA. VERBAS E PEGADAS DOS FEMINISMOS

Xornadas de conferencias, debate, teatro, danza e intervencións artísticas
3-4, 10-11, 17-18 setembro de 2009
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, A Coruña

O lema «Contra vento e marea» fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes trabas da época. Interésanos poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres. Así, nestas xornadas esperamos manter esta mesma pulsión de liberdade, recollendo a testemuña do espírito aberto e transgresor da primeira muller catedrática da Universidade española.

Por isto propoñemos un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa.

Dirección e coordinación: Xulia Santiso e Anxela Caramés

 

De esquerda a dereita: Uqui Permui, Carme Nogueira, Anxela Caramés, Luz Garcia Vigo e Loli Álvarez falando da docu-acción realizada en Vilaxoán, trala proxección do vídeo vhs restaurado do peche de "Odosa".

 

INSTALACIÓN DO CONTENEDOR NOS CANTÓNS DA CORUÑA

Durante as xornadas o Contenedor de Feminismos foi instalado nos Cantóns, acompañado, en todo momento, dunha rapaza que facía de guía, explicando a idea de arquivo móbil do contenedor e os materiais recuperados na docu-acción. Ademáis, podíase visionar a copia restaurada do vídeo en VHS sobre o peche da fábrica "Odosa". También se podían consultar un par de libriños-fanzines realizados por Carme Nogueira a partir de novas en xornais, artigos en revistas, panfletos de convocatorias a manifestacións e fotografías da folga ou das diversas concentracións en Santiago, Vigo e Arousa; unha documentación que fora aportada polas mulleres coas que falamos en Vilaxoán: Loli Álvarez, Carmen Ferro, Mar Suárez e Mari Luz García Vigo.

 

DOCUMENTAL

DOLI, DOLI, DOLI... COAS CONSERVEIRAS.
REXISTRO DE TRABALLO

Cando Uqui Permui viu o material en VHS, interesoulle saber como se resolvera o conflicto, e que facian as protagonistas vinte anos despois do peche. Coa axuda de Loli, Carme, Luz e Mar, conseguiu crear un relato máis completo e complexo. A partir dese material, realizou este novo documental que mestura o pasado co presente. Co relato podemos facernos unha idea de como era e como é o traballo nas fábricas de conserva e a relación laboral das mulleres.

Doli, doli, doli... Coas conserveiras. Rexistro de traballo, pretende deixar constancia do traballo destas mulleres das que, cando a fábrica ameazaba con pechar, non apareceu testemuña documental de que levasen trinta, e algunhas corenta anos empregadas alí. As mulleres entrevistadas denuncian como o traballo das conserveiras se considerou sempre un complemento do salario do seus compañeiros e non un salario en si mesmo, aínda que moitas de elas vivan, xunto cos seus fillos, unicamente deses ingresos.

 

 

 

Dirixido e realizado por Uqui Permui, 2011

Duración: 57'

Produción: SIC-laboratorio audiovisual, coa colaboración de AGADIC

Mapa
Participan
Luz García Vigo
Loli Álvarez
Carmen Ferro
Mar Suárez