Documentos

Docu-acción
26 de marzo de 2020
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofia, Madrid

Sindicalismo

A docu-acción que levamos a cabo no Museo Reina Sofia xira en torno ao feminismo e o sindicalismo asociacionista. A partir do vídeo do peche da conserveira Odosa, que recolle a experiencia das mulleres desta fábrica, falamos das plataformas sindicais, como comenzaron as mulleres traballadoras a entrar nos sindicatos e como se organizan agora.

Documentación

Gráfica feminista

A investigación sobre a gráfica feminista elabórase nun proceso aberto e continuado. Nunha primeira escolla achegarei o meu propio arquivo, organizado en distintas galerías e segundo os diferentes formatos. No criterio de selección do material, aínda que se teña en conta o interese de contidos, prima, neste caso, o interese gráfico. 

Docu-acción
20 de agosto de 2014
Azkuna Zentroa, Bilbao

Mulleres Bertsolaris

Para a exposición EL CONTRATO, comisariada por Bulegoa Z/B, realizamos unha docu-acción sobre as mulleres bertsolaris. O bertsolarismo é unha tradición oral de improvisación en euskera con pautas mínimas de tonalidade, rima e métrica.  Tanto a actuación das bertsolaris, como a conversa-debate realizada a posteriori, centráronse na presenza das mulleres no bertsolarismo.

Docu-acción
3 de xullo de 2013
Centro Ágora, A Coruña

Memorias sonoras das mulleres na Agra do Orzán

Para o proxecto Música en branco. Memoria da Agra do Orzán, organizado por Sinsal, propuxemos traballar coas memorias musicais e sonoras das mulleres migrantes, tanto galegas como estranxeiras, que foron chegando ao multicultural barrio da Agra do Orzán da Coruña desde os anos sesenta.

Docu-acción
Xaneiro e febreiro de 2013
León

Activación do contenedor en León

O contenedor de feminismos formou parte da exposición Genealogías feministas en el arte español: 1960 - 2010, un proxecto ideado por Patricia Mayayo e Juan Vicente Aliaga para o MUSAC. A partir deste contexto, Belén Solá, do DEAC do Museo, xunto con varias asociacións feministas de León, realizan unha activación do contenedor en varios lugares da cidade para falar de temas relacionados coa sexualidade das mulleres (planificación familiar, saúde reproductiva, dereito ao aborto...).

Docu-acción
1 de Setembro de 2009
Obelisco, A Coruña

Cómo se orixinou o Día do Orgullo Gai en Galicia

Na segunda docu-acción, realizada no marco das xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos, buscamos recuperar a historia e a orixe das primeiras manifestacións do Orgullo Gai en Galicia. Falamos das dinámicas do movemento feminista, en particular da Asamblea de Mulleres de Santiago e Coruña, tratando cuestións sobre a visibilidade e a sexualidade lésbica.

Docu-acción
21 de febreiro de 2009
Vilaxoán (Arousa)

As traballadoras das fábricas de conservas

Para a primeira docu-acción do contenedor, realizada no marco das xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos, situamos o contenedor fronte a unha antiga conserveira de Vilaxoán e entrevistamos as traballadoras e sindicalistas Loli Álvarez, Carmen Ferro e Mar Suárez, e á avogada laboralista Mari Luz García Vigo. A historia que queriamos recuperar sucedera vinte anos antes, en agosto de 1989, cando preto de cen mulleres, catro delas en folga de fame, pecháronse na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, como protesta ao peche inminente da fábrica de conservas para evitar o despido indiscriminado de todas elas.