Docu-acción
20 de agosto de 2014
Azkuna Zentroa, Bilbao
Mulleres Bertsolaris
Para a exposición EL CONTRATO, comisariada por Bulegoa Z/B, realizamos unha docu-acción sobre as mulleres bertsolaris. O bertsolarismo é unha tradición oral de improvisación en euskera con pautas mínimas de tonalidade, rima e métrica. Tanto a actuación das bertsolaris, como a conversa-debate realizada a posteriori, centráronse na presenza das mulleres no bertsolarismo.
Docu-acción
3 de xullo de 2013
Centro Ágora, A Coruña
Memorias sonoras das mulleres na Agra do Orzán
Para o proxecto Música en branco. Memoria da Agra do Orzán, organizado por Sinsal, propuxemos traballar coas memorias musicais e sonoras das mulleres migrantes, tanto galegas como estranxeiras, que foron chegando ao multicultural barrio da Agra do Orzán da Coruña desde os anos sesenta.