Mulleres Bertsolaris

Docu-acción

Mulleres Bertsolaris

Azkuna Zentroa, Bilbao, 20 de agosto de 2014
Anxela Caramés, Carme Nogueira e Uqui Permui

A docu-acción realizouse diante da AlhóndigaBilbao (agora Azkuna Zentroa) para a exposición EL CONTRATO, comisariada por Bulegoa Z/B.

O bertsolarismo é unha tradición oral de improvisación con pautas mínimas de tonalidade, rima e métrica, na que as mulleres tiveron historicamente moi pouca visibilidade nesta tradición. Diversos discursos históricos apuntan a que existiron dende o s.XV na figura das choradeiras ou plañideiras e as damas que con ton satírico participaban en festas e eventos públicos, sen embargo, non é ata o ano 1986 cando unha muller participa nun concurso, Cristina Mardaras. No ano 2009 Maialen Lujambio gaña o concurso nacional. Nos últimos anos, a incorporación das mulleres ás prazas e aos festivais de bertsolaris creou un efecto expansivo, sendo neste momento a perspectiva de xénero, un dos puntos de investigación e tema de interese para estudos, convocatorias de festivais, etc...

Para comenzar a acción proponémoslle a Ainhoa Agirreazaldegi, Uxue Alberdi e Ane Labaka varias referencias visuais.

 

Acción

 

Documentación

Conversación sobre:

  • a emoción
  • o corpo
  • sentir que é importante a túa voz
  • bertso feminista
  • o grupo de xénero na asociación de Bertsolaris
  • teoría e práctica
  • feminismo

 

Fotografías

 

Exposición EL CONTRATO

 

A docu-acción formou parte da exposición EL CONTRATO, comisariada por Bulegoa Z/B e celebrada no Centro Azkuna Zentroa entre o 2 de outubro de 2014 e o 11 de xaneiro de 2015. Posteriormente, as integrantes de Bulegoa Z/B organizaron unha mesa de traballo a partir da documentación xerada na docu-acción.

 

Contenedor na exposición "O contrato"

contenedor de feminismos en la exposición "el contrato"

Mapa
Participan
Ainhoa Agirreazaldegi
Uxue Alberdi
Ane Labaka
Bulegoa z/b
Oier Iruretagoiena