Cómo se orixinou o Día do Orgullo Gai en Galicia

Docu-acción

Cómo se orixinou o Día do Orgullo Gai en Galicia

Obelisco, A Coruña, 1 de Setembro de 2009
Carme Nogueira, Uqui Permui e Anxela Caramés

Esta docu-acción tivo lugar o 1 de de setembro de 2009 no Obelisco, no centro da Coruña, días antes de que comenzaran as xornadas Contra vento e marea. Verbas e pegadas dos feminismos na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Reunimos a Nanina Santos, Chicha, Aurora Abascal e Ana Arellano, activamente implicadas nas discusións das Asembleas de Mulleres na Coruña e Santiago de Compostela desde finais dos anos setenta. Tratouse de recuperar a historia e a orixe das primeiras manifestacións do dia do Orgullo Gai en Galicia, aínda que as propostas xurdiron nalgunhas desas reunións, a primeira realizaríase en Vigo en 1981. Falaron sobre a dinámica do movemento feminista na época, especialmente sobre as cuestións de visibilidade e da sexualidade lésbica. Tamén lembramos a acción contra a homofobia, emprendida polo Colectivo Gai da Coruña, levada a cabo na cafetería Manhattan Plaza.

 

Contendor de feminismos no Obelisco

Carme e Anxela recollendo o contenedor 

Días despois, o Contenedor de Feminismos foi instalado nos Cantóns coruñeses, acompañado dunha vixilante-guía que explicaba aos paseantes o contido alí exposto en torno ás loitas obreiras de Vilagarcía de Arousa. Podíanse consultar un par de libros-fanzines realizados por Carme Nogueira a partir de noticias de xornais, artigos -algúns escritos polas protagonistas entrevistadas-, pasquíns de manifestacións e fotografías do encerro e das concentracións que levaron a cabo en diferentes cidades. Tamén se podía visionar a copia restaurada do documental sobre o peche da fábrica "Odosa".

 

 

 

CONTRA VENTO E MAREA. VERBAS E PEGADAS DOS FEMINISMOS

Xornadas de conferencias, debate, teatro, danza e intervencións artísticas
3-4, 10-11, 17-18 setembro de 2009
Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, A Coruña

O lema «Contra vento e marea» fora elixido por Emilia Pardo Bazán para reivindicar o seu compromiso co traballo intelectual tendo en conta as evidentes trabas da época. Interésanos poñer en valor o legado da Condesa na actualidade, unha figura recoñecida pola súa defensa na debatida cuestión da educación das mulleres. Así, nestas xornadas esperamos manter esta mesma pulsión de liberdade, recollendo a testemuña do espírito aberto e transgresor da primeira muller catedrática da Universidade española.

Por isto propoñemos un achegamento ás cuestións de xénero a través de dous bloques temáticos, pioneiras e anónimas e feminismo(s), facendo un percorrido desde as primeiras loitas feministas do século XIX ata a actualidade, con especial fincapé no ámbito galego, tentando amosar unha panorámica ampla e plural (teoría, activismo, literatura, arte) por medio de conferencias, debates, teatro, danza e intervencións artísticas na rúa.

Dirección e coordinación: Xulia Santiso e Anxela Caramés

 

Programa das xornadas

 

Nanina Santos, durante as xornadas, na súa charla sobre a revista de pensamento feminista "Andaina", trouxo a bandeira, a prol da sexualidade lésbica que fora usada durante as manifestacións do anos oitenta, e desplegouna como acto reivindicativo no salón de actos da Real Academia Galega.  Días antes, na docu-acción realizada no Obelisco, nos falara dela e dalgunhas anécdotas relativas a esta.

bandeira sexualidade lésbica

MATERIAL RECOLLIDO NAS XORNADAS CONTRA VENTO E MAREA. VERBAS E PEGADAS DOS FEMINISMOS

A celebración das xornadas, como espazo de debate e intercambio, resultou ser fundamental para o esclarecemento da historia que estabamos a recoller. Grazas a importante aportación de Xose Díaz, activista gai desde finais dos anos setenta, puidemos completar os datos do falado durante a conversa da docu-acción no Obelisco e saír das dúbidas que tiñamos en relación á primera manifestación do Orgullo Gai en Galicia.

Na sesión de presentación do Contenedor, Xose, falando desde o público asistente, confirmounos que a primeira manifestación non tivo lugar na Coruña, como creíamos inicialmente, senón en Vigo. Se ben é certo que as ideas de facer algún acto foron tomando forma no contexto das Asambleas de Mulleres de Santiago e Coruña, foi a incipiente Coordinadora para á Organización do Movemento Gai en Galicia a encargada de imprimir panfletos informativos para repartir o 28 de xuño do 1980 en Vigo, con motivo dunha festa feminista celebrada no parque de Castrelos para conmemorar o Día do Orgullo Gai.

O ano seguinte, tamén en Vigo, xa conformada a C.C.G.G. (Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia), convocouse unha manifestación, a primeira celebrada en Galicia, que tomaría as rúas do centro da cidade para rematar nunha grande festa tamén en Castrelos, durante todo o día do domingo 29 de xuño de 1981.

Ao día seguinte, no xornal publicado para toda Galicia La hoja del lunes, quedou recollida a magnitude do evento con fotografías da manifestación e un artigo sobre o significado do día internacional do Orgullo Gai.

Logo Coordinadora Colectivos Gais de Galicia 1981

Deseño do logotipo da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia para ser usado como pegatina ou en diferentes publicacións, como na portada do nº 2 de O Aturuxo, boletín informativo da propia C.C.G.G., publicado en 1981.

 

Xose Díaz tamén nos achegou o panfleto da acción-boicot á Cafetería Manhattan Plaza de A Coruña, repartido o 1 de novembro de 1980 entre a clientela. Convidaban a abandonar o local en sinal de repulsa ás actitudes homofóbicas que aconteceran días antes, o 26 outubro, cando un camareiro negouse a servirlle a unha parella homosexual, botándoos do bar.
 

Mapa
Participan
Xulia Santiso
Nanina Santos Castroviejo
Esperanza Novoa "Chicha"
Aurora Abascal
Ana Arellano
Xose Díaz