Seminario "Historias e arquivas do movemento feminista no Estado español"
Este seminario forma parte dun proxecto de investigación en torno ao movemento feminista na cidade de León, que se complementa coa exposición ‘Feminismos León, De la buhardilla del CCAN al movimiento insumiso transfeminista’ e o arquivo online archivofeminimosleon
PROGRAMA
Venres 15 de xullo
11:00h. Presentación do seminario. Belén Soa Pizarro
11:15 a 12:00 h
Conferencia de Xusta Montero. Prácticas, loitas e relatos feministas: apuntamentos para unha historia do feminismo no estado español
Desde un coñecemento situado, que permita analizar as especificidades do movemento feminista no Estado español, recóllese a xenealoxía e memoria colectiva feminista. Rescátanse prácticas colectivas insumisas, as propostas de transformación social e os novos significados que o feminismo foi xerando, abrindo novos horizontes na vida das mulleres.
A partir da proxección de imaxes, a relación entre acción e prácticas feministas e a súa fundamentación teórica, trazaremos un fío condutor para a análise dalgunhas loitas e formulacións feministas claves agrupándoas en catro períodos.
12:30- 14:00 h
Mesa redonda: Feministorias: relatos do movemento feminista no Estado Español
Esta mesa tenta aproximarse a un relato da historia do movemento feminista a partir de distintas prácticas, entendidas como retrincos que se suman á construción dunha historia en común. As prácticas militantes e activistas das últimas décadas dialogan con prácticas feministas transversais no ensino, na práctica artística, na historia da arte, no deseño gráfico e no xornalismo.
Participan: Asociación Feminista Flora Tristán, Maite Garbayo Maeztu, Ana Gaiteiro e Susana Rioseras.
Modera: Maite Garbayo Maeztu
17-19 h
Mesa redonda: Arquivas: contendo e desbordando prácticas feministas ocúpase de repensar a cuestión do arquivo desde posicionamentos feministas e LGTB e a partir de presentar prácticas concretas de colectivos e artistas. Como pensar o arquivo, como documentar os feminismos desde posicións deslocalizadas e desde metodoloxías situadas?
Participan: Araceli Corbo, Fefa Vila, Gelen Alcántara, Uqui Permui.
Modera: Araceli Corbo
Sábado 16 de xullo
- 11 a 15h.
Mesa redonda: Ex - céntricas : bolos, trans, porn e outros corpos do montón.
A través desta mesa achegarémonos a entidades periféricas, que nos presentan, visibilizan e achegan novas realidades e perspectivas, e permítennos facer un exercicio de imaxinación e construción, un exercicio para seguir repensando e reinventando loitas, accións e reflexións. Para tentar unha diverxencia dos discursos feministas ata lograr unha total apertura e inclusión da diversidade. Diversidade que á súa vez nos obriga a repensarnos en e desde o común-inclusivo. Un novo contexto no que as aprendizaxes requiren novos debates, novas alianzas, novas perspectivas e novas formas de ser e estar.
Participan: Conchi Unanue Custa, Paula Veiga, Beatriz Suárez e Lucas R. Platero.
Modera: Conchi Unanue Custa
Comentarios