Doazón do Contenedor de feminismos ao Museo Emilia Pardo Bazán
O Contenedor volve ao punto de partida, ao Museo onde xurdiu este proxecto, no marco das xornadas "Contra vento e marea, verbas e pegadas dos feminismos" dirixidas e coordinadas por Xulia Santiso e Anxela Caramés, en setembro do 2009.
Pechamos así unha época do Contenedor e abrimos esta nova etapa en forma de plataforma web, dende onde pretendemos continuar co mesmo obxectivo que nos levou a crear o proxecto e baixo os mesmos parámetros de participación e coñecemento colectivo.
Invitámoste a participar deste proxecto dende a icona de subida de contidos, podes incorporar documentación a proxectos que xa están publicados ou abrir unha nova vía de investigación. Tamén neste blog podes participar incorporando noticias.
Benvidas e agardamos que sexa de utilidade.
Comentarios