Gráfica feminista

Documentación

Gráfica feminista

Uqui Permui

A investigación sobre a gráfica feminista elaborarase nun proceso aberto e continuado. Nunha primeira escolla achegarei o meu propio arquivo, organizado en distintas galerías e segundo os diferentes formatos. No criterio de selección do material, aínda que se teña en conta o interese de contidos; prima, neste caso, o interese gráfico. (Se queredes enviar achegas: info@contenedordefeminismos.org)

CARTEIS

Os primeiros carteis, en Galicia, dos que teño constancia son dos anos setenta, realizados dun xeito un tanto underground, a base de collage e papeis rotos, a tipografía se resolvía entre a Letraset e o encargo a imprenta para que ‘picara’ os textos, estos viñan en papel fotográfico que tiñas que recortar e compoñer.

A partir dos noventa empézase a utilizar o aerógrafo, ferramenta que permitia crear masas con volumen e mixtura de cores, como no cartel «juntas y a por todas» que ainda que non é un cartel para Galicia, incluíno porque foi feito aquí, e penso que representa un momento de transición do deseño, ás portas da incorporación dos ordenadores, que modificarían definitivamente a forma de traballar e por suposto do resultado. 

 

 

 

 

Índice de contidos da galería:

 

Pola liberación da muller, 1976

8 de marzo
Día Internacional da Muller, 1983
 

Fai falta outra lei de aborto libre, gratuíto, na sanidade pública
Movimento Feminista Galego, 1985
 

8 de marzo: mulleres ¡quén nos defenderá dos nosos defensores! 
Tribunal contra a violencia sexual e marcha de mulleres, 1988
 

Xornadas Feministas contra a Violencia Machista
3, 4, 5, 6 decembro, Santiago, Galiza, 1988
 

A muller representada por sí mesma, 1988
 

8 de marzo
As mulleres temos razóns para rebelarnos, 1989
 

Libre y gratuito. Libre e gratuito. Libre eta dohaini. Lliure i gratuït. Llibre i debalde
Encontros dereito ao aborto libre e gratuito “A muller decide”,
 198?
 

Juntas y a por todas
Jornadas del Movimiento Feminista, 4-6 de diciembre, Madrid. 1993
 

Cartel lesbianismo “Si, quero”, 1997
 

Esta reforma non chega, fai falta máis!
Frente á violación: resposta!
 199?
 

28 de Junho, festa das identidades livres, 2006
 

Queremos poder...
Mes violeta, 2006
 

REVISTAS

As primeiras revistas aparecen a principios dos anos oitenta, a primeira en sair foi a Saia, cabeceira que publicou únicamente dous números, e un ano máis tarde, en 1983 saen a Palabra Silenciada e a Andaina, destaca nas dúas publicacións a calidade da edición no seu conxunto, mantendo sempre un interés e unha preocupación pola cultura e as artes visuais, indo máis alá do obxectivo reivindicativo. En 1987 ata principios dos anos noventa acompañaas a revista AREA, e xa máis recentemente, entre 2004 e 2006 publícase as + parralheiras.

Actualmente apareceron outras publicacións online, como a revista Revirada, que naceu no 2008, ou como no caso da Andaina, que actualmente combina a edición en papel cun blog.

Ambas están documentadas no Consello da Cultura Galega

 

 

 

 

Índice de contidos da galería:

 

A Saia, número 0 (marzo de 1982), ver en pdf no sitio web do Consello da Cultura Galega

 

Andaina, selección: números 1, 5, 9, 10, 17, 19, 20 (primeria época) e números 1, 23, 24, 27, 30, 31, 32, 33, 34, 36, 39, 40, 49, 50, 52, 53, 54, 56, 57, 58, 59 e 64 da segunda época. Realicei o deseño da revista nº9 e seguíntes, a partir do número 17. As anteriores están sen firma, agás o nº 10 que é de Maika Novoa. 

Introdución de Patricia Arias Chachero, Libro recopilatorio «Andaina, 25 anos»
Portadas da primeira época de Andaina (Consello da Cultura Galega)

 

Festa da palabra, números 0, 2, 5 (fotografía de Anna Turbau), 7 e 16
Máis información e exemplares da revista en pdf nos sitios web do Consello da Cultura Galega

 

AREA, marzo 1988

 

As + perralheiras, a voz escrita das MariBolheiras Precárias, ano: 2004-2006. Nº 0 e 2

Pódese consultar o número 4 (ver en Issuu)
 

PEGATINAS, FOLLAS E OUTROS MATERIAIS

 

 

 

 

Índice de contidos da galería:

 

Folleto de AGM, portada e pax interior
xullo de 1977

Non á OTAN, pegatina. 1986
 

Aborto libre, pegatina. 1986
 

Solidarízate, pegatina. 198?
 

As nenas boas van ao ceo e as más van a todas partes, pegatina. 198?
 

Contra a norma heterosexual, defendamos o noso lesbianismo, pegatina. 1984
 

Festa en Castrelos, pegatina 
29 xuño 198?
 

Ningunha discriminación Prá muller, pegatina
 

MBP - Maribolheras precárias, chapas. 200?
 

Movilízate, pancarta para manifestación. 2008
 

Muller [...] non fuches consultada, sobre 1976